Entidades de certificación

Entidades de certificación e informes de certificación

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo do Ministerio de Economía e Facenda precisa a colaboración de determinadas entidades certificadoras independentes de avaliación de software de xogos e seguridade para a emisión de informes de cumprimento dos requisitos esixidos en relación cos sistemas técnicos utilizados polos operadores de xogo no exercicio da súa actividade e en relación coa seguridade dos sistemas de información dos operadores de xogo.

As entidades de certificación son organizacións independentes e expertas na auditoría e avaliación dos sistemas técnicos de xogo e a súa seguridade previamente designadas nun procedemento aberto no que se avalía a súa experiencia e profesionalidade.

A DXOX publica a lista actualizada de entidades de certificación designadas.

Os informes de certificación, tanto os preliminares coma os definitivos, deben ser realizados por unha das entidades designadas para estes efectos.

Relación e clasificación de entidades de certificación

Existen dous tipos de entidades de certificación:

  1. Do software de xogo. Consulte a relación de entidades designadas
  2. Da seguridade dos sistemas de información. Consulte a relación de entidades designadas

Unha entidade de certificación poderá ter sido designada para a realización de informes de certificación do software de xogo, da seguridade, ou de ambos os dous.

Trámites para a designación como entidade de certificación

Os interesados poden solicitar a designación para realizar a avaliación e verificación de software de xogos ou para avaliar os sistemas de seguridade dos sistemas da información, ou ambas as dúas actividades.

Os requisitos, trámites e documentación a achegar descríbense na Orde EHA/2528/2011, do 20 de setembro, pola que se establecen os requisitos e o procedemento de designación de entidades independentes que realicen as certificacións de avaliación do software de xogos e de seguridade de operadores de xogos.