Dereitos e obrigas dos participantes no xogo

Os participantes no xogo terán os seguintes dereitos e obrigas:
 
Dereitos do participante:

  • Obter información clara e veraz sobre as regras do xogo no que desexen participar.
  • Cobrar os premios que lles puidesen corresponder no tempo e forma establecidos.
  • Xogar durante o tempo de uso correspondente ao prezo da partida de que se trate.
  • Xogar libremente.
  • Coñecer en calquera momento o importe que xogou ou apostado, así como a coñecer o saldo da súa conta.
  • Identificarse de modo seguro e a protección dos seus datos persoais
  • Coñecer a identidade do operador de xogo.
  • Recibir información sobre a práctica responsable do xogo.

Obrigas do participante:

  • Identificarse ante os operadores de xogo.
  • Cumprir as normas e regras relativas aos participantes.
  • Non alterar o normal desenvolvemento dos xogos.

A relación entre o participante e o operador habilitado constitúe unha relación de carácter privado, e polo tanto, as controversias que puidesen xurdir entre eles estarán suxeitas aos Xulgados e Tribunais da orde xurisdicional civil.