Comunicación Homologación Sistemas Técnicos gl
12/04/2013

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo ditou as resolucións de homologación dos sistemas técnicos de xogo correspondentes a 51 operadores, o que converte en definitivas as licenzas de xogo outorgadas en xuño de 2012, licenzas que terán unha validez de 10 anos. Dous operadores renunciaron voluntariamente ás súas licenzas.

A homologación dos sistemas técnicos de xogo acredita o cumprimento dos requirimentos esixidos na normativa para a realización de actividades de xogo en España. A homologación baseouse nos informes de certificación dos sistemas de xogo dos operadores emitidos por entidades designadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

Os sistemas técnicos de xogo consisten nos compoñentes, hardware e software utilizados polos operadores para a prestación e subministración dos servizos de xogo.

As homologacións e as licenzas definitivas concedidas son complementarias das competencias de autorización, inspección, control e, no seu caso, sanción previstas na Lei 13/2011, de regulación do xogo.

Temas relacionados: