Apostas cruzadas e máquinas recreativas de xogo online
19/04/2013

COMUNICACIÓN SOBRE A REGULACIÓN DAS APOSTAS CRUZADAS E MÁQUINAS RECREATIVAS DE XOGO ONLINE

 

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, unha vez estudadas e analizadas as distintas argumentacións remitidas durante o proceso de consulta aberto ao efecto, alcanzou as seguintes conclusións:

 

  • O  desenvolvemento regulamentario reforzará a loita proactiva contra o xogo ilegal o que permitirá a diminución do mercado ilegal existente para ambos os dous tipos de xogos, que é a principal fonte de risco para a protección dos dereitos dos participantes e en particular dos máis vulnerables.
     
  • A regulación destes xogos determinará a súa suxeición aos procedementos de verificación previa do participante, control de acceso de menor e autoexcluído, control de acceso de persoas vinculadas e demais prohibicións subxectivas, en relación aos potenciais participantes nestes.
     
  • A regulación supoñerá unha mellor aplicación das medidas incorporadas á Lei 13/2011, respecto á loita contra o branqueo de capitais, a integridade dos eventos, a protección dos usuarios, o xogo responsable e o resto de principios orientadores, sen que sexan necesarias modificacións adicionais.
     
  • A regulación de ambos os dous tipos de xogo na súa modalidade online é perfectamente compatible coa competencia efectiva no mercado do xogo no seu conxunto.
     
  • Non se apreciaron contradicións coa normativa española, cuxo obxectivo é o de regular todas aquelas modalidades e tipoloxías de xogo posibles co fin de adecualas aos principios desta. Así, na Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo, non se fai ningunha mención restritiva en relación coas máquinas recreativas de xogo online, mentres que no caso das apostas cruzadas, parece claro que a vontade do lexislador foi incluílas na regulación estatal ao estar mencionada de forma repetida na norma.

 

Como consecuencia diso, esta Dirección Xeral considera procedente regulamentar os xogos "apostas cruzadas" e "máquinas recreativas de xogo online". A tramitación normativa de ambos os dous tipos de xogo farase de forma consecutiva, iniciándose en primeiro lugar a correspondente ás apostas cruzadas e, posteriormente, para as máquinas recreativas de xogo online. O devandito proceso comprende en ambos os dous casos as seguintes etapas:

 

  • Elaboración do borrador de Orde Ministerial e memoria de análise de impacto normativo
  • Trámite de información pública
  • Celebración das Comisións bilaterais Generalitat-Estado e Xunta de Andalucía-Estado
  • Conformidades Secretarías de Estado do MINHAP
  • Informe da Secretaría Xeral Técnica do MINHAP
  • Aprobación final da Orde Ministerial

Temas relacionados: