Novo Subdirector Xeral de Regulación
08/07/2013

D. Juan Espinosa García é Licenciado en Dereito e pertence ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado dende 2004. É profesor de Administrative Law no IE University. Conta cun Master of Science en European and International Politics pola Universidade de Edimburgo e un Master of Arts en Economics in Competition Law polo King's College, da Universidade de Londres.

Tras ostentar distintas posicións relacionadas coa análise xurídica e económica das operacións de concentración empresarial no extinto Tribunal de Defensa da Competencia, dende 2008 ata a data era subdirector de Relacións coas Administracións Públicas da Comisión Nacional da Competencia, unidade encargada de analizar o impacto sobre a competencia da actividade regulatoria e administrativa do sector público nos distintos ámbitos da actividade económica

Temas relacionados: