Actividades de afiliación
  1.  A actividade de afiliación enténdese como a actividade de promoción ou captación de potenciais clientes para un operador de xogo.
     
  2. As empresas que realicen exclusivamente actividades de afiliación, sempre que non realicen o rexistro de clientes nin manteñan un contrato ou conta de xogo con estes, non terán que obter título habilitante.
     
  3. Os afiliados deberán constatar que quen solicite a inserción dos anuncios ou reclamos publicitarios dispón do correspondente título habilitante expedido pola autoridade encargada da regulación do xogo e que esta o autoriza para a realización da publicidade solicitada, polo que se absterá da súa práctica se carecese daquel. Para os efectos de obter a información relativa a operadores e títulos habilitantes obtidos, pode acudirse á web da autoridade encargada da regulación do xogo, que manterá a devandita información actualizada.
     
  4. Por último, é importante salientar que os operadores de xogo serán responsables pola infracción da normativa, e dos requisitos esixibles á actividade publicitaria e promocional do xogo, que cometan as empresas que desenvolvan a actividade de afiliación, cando a actividade publicitaria e promocional do xogo se faga por conta ou encargo daqueles.