Unidade de Mercado

A Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado  (en diante LGUM) pretende establecer os principios para garantir a unidade do mercado creando un ámbito máis favorable ao investimento e a competencia por medio do recoñecemento da validez nacional ás decisións tomadas polas autoridades competentes de orixe sobre a base dos principios de confianza mutua, e eficacia en todo o territorio nacional da actuacións administrativas. O obxectivo da norma é o de eliminar os posibles obstáculos que poidan existir en cada un dos sectores de actividade económica dentro do territorio nacional, facilitando a liberdade de circulación dos  factores de produción e permitindo aos operadores favorecerse da redución de custos derivadas das economías de escala, incentivando así o investimento, aumentando a produtividade, a competitividade, o crecemento económico e o emprego.

Segundo se establece na referida LGUM (artigo 12) "a través das conferencias sectoriais, as diferentes autoridades competentes analizarán e propoñerán as modificacións normativas necesarias para cumprir cos principios recollidos nesta Lei e establecer marcos reguladores adaptados aos seus principios e disposicións. "

Neste contexto, a Conferencia Sectorial do Xogo en cumprimento do disposto na Disposición Adicional Oitava da LGUM analizou determinadas condicións e requisitos requiridos para o acceso e exercicio da actividade no sector do xogo ao obxecto de impulsar os cambios normativos e reformas oportunas.