Rexistro Xeral de Interdicións de Acceso ao Xogo (RXIAX)

No marco das súas respectivas competencias, tanto o Estado coma as comunidades autónomas procederon á regulación dos rexistros de prohibidos.

A inscrición nun rexistro de prohibidos impide o acceso do inscrito a aqueles xogos respecto dos que a Administración Pública competente determinara a necesidade de realizar a identificación previa do xogador, co fin de facer efectivo o dereito dos cidadáns a que lles sexa prohibida a participación nas actividades de xogo.

No caso de que a inscrición se realice no Rexistro de Interdicións da DXOX, ademais de facer efectiva a prohibición de acceder ao xogo online, esta información se comunica ás comunidades autónomas co obxecto de que se inclúa nos procedementos habilitados por cada unha delas para evitar o acceso a aqueles xogos onde a respectiva normativa autonómica determina a necesidade de comprobar a inexistencia de inscrición.

Por outra parte, a solicitude de inscrición no correspondente rexistro de prohibidos autonómico unicamente terá efectos dentro do ámbito territorial de competencias da C. A. da que dependa.

Así mesmo, cada administración pública determinou unha configuración específica para o seu rexistro de prohibidos, establecendo os parámetros que se consideraron máis convenientes para lograr unha protección máis efectiva dos xogadores.

Co fin de dotar á cidadanía, e ás administracións públicas en xeral, de información completa e detallada sobre os principais datos dos rexistros de prohibidos (estatal e autonómicos), de forma que se poida ter unha visión exacta do que son, as súas características, o seu labor e os dereitos e obrigas derivados da inscrición do rexistro estatal ou da comunidade ou cidade autónoma, pode consultar o buscador que recolle a información relativa a todos os atributos que determinan a configuración de cada un dos rexistros de prohibidos, tanto estatal coma autonómicos, estes últimos segundo datos facilitados á DGOJ por cada C.A. 

Autoexclusión en las CCAA

 

Como me podo inscribir?

No caso de que queira solicitar que se lle impida xogar naqueles xogos nos que a lexislación require a identificación previa do participante (xogo online e aqueles xogos presenciais onde cada comunidade autónoma determine que é precisa a identificación previa do participante co obxecto de comprobar que non está autoexcluído), pode solicitar a alta no ficheiro de interdicións de acceso ao xogo desta Dirección Xeral das seguintes formas:

  • Presencial: mediante a presentación do formulario RGIAJ en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 Ley 39/2015 (rexistros electrónicos das AAPP, oficinas de correos, representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro, oficinas de asistencia en materia de rexistros ou en calquera outro que prevexa a normativa especial), sendo imprescindible que na solicitude de presentación apareza a data de recepción no organismo público correspondente, ou nos servizos de admisión, recepción ou identificación dos usuarios dos establecementos de xogo e nas comisarías da Policía Nacional.
  • Por internet: na sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (cómpre certificado electrónico).

 

Cal é a vixencia da inscrición?

A inscrición será por tempo indefinido se ben poderá solicitar a súa cancelación transcorridos 6 meses dende que se practicara a inscrición.

Das inscricións no RXIAX darase traslado ás CCAA para a inscrición nos seus respectivos rexistros de prohibidos de conformidade co previsto na súa normativa.

 

Solicitude de certificado de estado no Rexistro de Interdicións de Acceso ao Xogo

Recorde que pode solicitar un certificado do estado no RXIAX a través da sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. No caso de que teña un certificado dixital, o certificado proporcionaráselle de forma instantánea. Pola contra, deberá imprimir a solicitude e presentalo en calquera oficina de rexistro