Xogos regulados

A continuación enuméranse os distintos tipos de xogos regulados actualmente. Debe salientarse que calquera modalidade de xogo non regulada é considerada prohibida:

  Relación de xogos con información despregable:

APOSTAS DEPORTIVAS MUTUAS

As apostas deportivas mutuas consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos deportivos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo.
Unha porcentaxe da suma das cantidades apostadas, previamente establecida nas regras básicas do xogo, distribúese entre aqueles participantes que, de conformidade co programa de premios, tivesen acertado.

Orde EHA 3081/2011, do 8 de novembro

APOSTAS DEPORTIVAS DE CONTRAPARTIDA

As apostas deportivas de contrapartida consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos deportivos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo. O participante aposta contra o operador de xogo, sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.

Orde EHA 3080/2011, do 8 de novembro.

OUTRAS APOSTAS DE CONTRAPARTIDA

As denominadas "outras apostas de contrapartida" son aquelas nas que o participante aposta contra o operador de xogo, obtendo dereito a premio no caso de acertar o prognóstico sobre o que se aposta, e sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.
A aposta realízase sobre o resultado dun ou varios eventos incluídos nos programas, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador de xogo. Os eventos serán acontecementos relacionados coa sociedade, os medios de comunicación, a economía, os espectáculos, a cultura ou outros similares.

Orde EHA 3079/2011, do 8 de novembro

APOSTAS HÍPICAS MUTUAS

Enténdese por aposta hípica mutua o concurso de prognósticos sobre o resultado dunha ou varias carreiras de cabalos ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales carreiras e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador.
Unha porcentaxe da suma das cantidades apostadas, previamente establecida nas regras básicas do xogo, distribúese entre aqueles participantes que, de conformidade co programa de premios, tivesen acertado.

Orde EHA 3083/2011, do 8 de novembro.

APOSTAS HÍPICAS DE CONTRAPARTIDA

As apostas hípicas de contrapartida consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos hípicos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo. O participante aposta contra o operador de xogo, sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.

Orde EHA 3082/2011, do 8 de novembro

APOSTAS CRUZADAS

Las apuestas cruzadas son aquellas resultantes de la casación de ofertas a favor y en contra realizadas por los participantes sobre un determinado evento y hecho susceptible de apuesta; el operador actúa únicamente como intermediario entre los participantes y garante de las cantidades por éstos jugadas. Las apuestas cruzadas se basan en un coeficiente de apuesta que determina la cuantía que el participante podrá ganar en las apuestas cruzadas a favor o la cuantía que el participante deberá arriesgar en las apuestas cruzadas en contra. Existen distintos tipos de apuestas cruzadas según el objeto de la apuesta: apuestas deportivas cruzadas (sobre acontecimientos deportivos), apuestas hípicas cruzadas (sobre acontecimientos hípicos) y otras apuestas cruzadas (sobre eventos incluidos en el correspondiente programa del operador relacionados con la sociedad, los medios de comunicación, la economía, los espectáculos, la cultura u otros similares).

Orden HAP/1369/2014, de 25 de julio

MÁQUINAS DE AZAR

El juego de máquinas de azar es aquel en el que se intenta obtener, en un tiempo delimitado, una combinación de signos o representaciones gráficas que, de conformidad con las reglas particulares del juego establecidas, resulte agraciada con un determinado premio. No tendrá la consideración de juego de máquinas de azar aquel cuyos elementos esenciales sean propios de otros juegos ya regulados.

Orden HAP/1370/2014, de 25 de julio

BLACK JACK

O xogo de Black Jack é un xogo de azar practicado con naipes, en que os participantes xogan contra o establecemento organizador, sendo o obxecto do xogo alcanzar vinte e un puntos ou achegarse a eles sen pasar dese límite. O importe dos premios que corresponderen aos participantes gañadores e a súa determinación realizarase de conformidade co disposto na regulamentación básica e nas regras particulares do operador.

Orde EHA 3088/2011, do 8 de novembro.

BINGO

O xogo do bingo consiste en formar, nos cartóns ou tarxetas virtuais adquiridos polo participante, algunha das combinacións numéricas susceptibles de obter premio, que se obteñen mediante un sorteo celebrado para estes efectos e no que están presentes a totalidade dos números do xogo. A porcentaxe da recadación destinada a premios é establecida polo operador nas regras particulares do xogo, cun límite máximo de 150.000 €.

Orde EHA 3087/2011, do 8 de novembro

CONCURSOS

Os concursos consisten na obtención dun premio, en metálico ou en especie, que se adxudica a aquel participante que, de conformidade coas regras particulares, resulta gañador, sexa exclusivamente por azar, sexa pola superación de determinadas probas de competición, coñecemento ou destreza nas que o azar interveña de calquera modo e fase do desenvolvemento da actividade. A súa oferta, desenvolvemento e resolución desenvólvese por un medio de comunicación xa sexa de televisión, radio, Internet ou outro, sempre que a actividade de xogo estea conexa ou subordinada á actividade principal.
A participación realízase, ben directamente mediante un desembolso económico, ou ben mediante chamadas telefónicas, envío de mensaxes de texto ou calquera outro procedemento electrónico, informático ou telemático, no que exista unha tarificación adicional.

Orde EHA 3084/2011, do 8 de novembro

PUNTO E BANCA

O xogo de Punto e banca consiste en alcanzar nunha man de naipes a suma de nove puntos ou unha suma que se achegue a eles sen pasarse e sexa superior ao valor da man que xoga a banca. O operador actúa como intermediario e garante das cantidades apostadas entre terceiros, detraendo as cantidades ou porcentaxes que previamente tivese fixado.

Orde EHA 3086/2011, do 8 de novembro

PÓKER

O xogo de póker é un xogo de cartas ou naipes no que varios xogadores se enfrontan entre si co obxecto de obter algunha das combinacións de cartas que, de conformidade co valor atribuído polas regras particulares do xogo e en relación ás combinacións obtidas polo resto de participantes que non se tivesen retirado da man, lle permita gañar o fondo do xogo ou a parte do mesmo que puidese corresponderlle.
O importe máximo das apostas está limitado na regulamentación do xogo.

Orde EHA 3089/2011, do 8 de novembro

RULETA

O xogo da ruleta é aquel xogo de azar no que a posibilidade de gañar depende da coincidencia da aposta do participante co número, cor ou situación da casa na que se deteña a representación dunha bóla que se pon en movemento dentro da representación dun disco horizontal xiratorio sostido por un eixe e dividido en casas radiais numeradas. O importe dos premios que corresponden polas apostas gañadoras determinarase multiplicando o importe de cada unha das apostas gañadoras polo coeficiente establecido para cada unha delas nas regras particulares do xogo establecidas polo operador.

Orde EHA 3085/2011, do 8 de novembro

XOGOS COMPLEMENTARIOS

Xogos complementarios son aqueles xogos de diversa natureza (que combinan o azar coa habilidade e a destreza, a cultura e os coñecementos, etc.), e que teñen o denominador común de que a súa práctica non está baseada unicamente na obtención dun lucro económico, senón que nela predomina a diversión que proporcionan. O importe dos premios que corresponderen aos participantes gañadores e a súa determinación realizarase de conformidade co disposto nesta Regulamentación básica e nas regras particulares do operador.

Orde EHA 3090/2011, do 8 de novembro