Pestañas

Coñécenos

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo é o órgano do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que, baixo a dependencia da Secretaria de Estado de Facenda, exerce as funcións de regulación, autorización, supervisión, control e, no seu caso, sanción das actividades de xogo de ámbito estatal.

  • Funcións:
  1. A autorización das actividades ocasionais de xogo de ámbito estatal, así como de calquera aspecto das modalidades e tipos de xogo suxeitos a título habilitante que requira dunha autorización específica.
  2. A proposta e a análise do impacto da normativa relativa á actividade de xogo de ámbito estatal.
  3. A inspección das actividades de xogo de ámbito estatal e dos sistemas técnicos utilizados nestas, así como a proposta de iniciación de expedientes sancionadores derivados da devandita inspección.
  4. A tramitación dos procedementos de solicitude de títulos habilitantes para o exercicio de actividades de xogo de ámbito estatal.
  5. A tramitación dos procedementos administrativos sancionadores en materia de xogo en relación cos puntos de venda da Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.M.E. S.A.
  6. As relacións institucionais con outros órganos ou organismos da Administración Xeral do Estado, comunidades autónomas e cidades con estatuto de autonomía, corporacións locais, organismos internacionais e calquera outra institución pública, española ou estranxeira, con funcións regulatorias en materia de xogo.
  7. As relacións institucionais con calquera entidade pública ou privada en relación coa dimensión social ou económica do xogo.
  8. A xestión e liquidación das taxas derivadas da xestión administrativa do xogo e a xestión económico-financeira das garantías vinculadas ás licenzas xerais de xogo.
  9. A xestión de recursos humanos e materiais, así como a xestión do presuposto do órgano directivo.
  10. Informar, con carácter preceptivo, a autorización das actividades de lotaría suxeitas a reserva.
  11. A tramitación de expedientes administrativos sancionadores iniciados por infraccións consideradas na Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.
  12. A persecución do xogo ilegal non autorizado, xa se realice no ámbito do Estado español, xa dende fóra de España e que se dirixa ao territorio español.
  13. O requirimento de información a entidades, operadores de xogo, provedores de servizos destes e participantes nos xogos.
  14. O requirimento a calquera provedor de servizos de pagamento, entidades de prestación de servizos de comunicación audiovisual, servizos da sociedade da información ou de comunicacións electrónicas, e servizos ou canles de difusión de publicidade e promoción de xogos do cesamento dos servizos que estivesen a prestar.
  15. O establecemento dos requisitos técnicos e funcionais dos xogos e a homologación dos sistemas técnicos de xogos.
  16. A promoción e supervisión de mecanismos de relación entre os participantes e os operadores de xogo e de protección dos intereses dos participantes, incluída a tramitación das reclamacións que puidesen ser presentadas polos participantes contra os operadores.
  17. A promoción e realización de estudos e traballos de investigación en materia de xogo, así como sobre a súa incidencia ou impacto na sociedade.
  18. A supervisión dos mecanismos e sistemas de ordenación da actividade publicitaria en materia de xogo de ámbito estatal.
  19. Xestionar os Rexistros do sector do Xogo de ámbito estatal.
  20. A colaboración coas autoridades competentes na prevención e control da fraude e a defensa da integridade nas actividades de xogo, e con outros reguladores do Espazo Económico Europeo na persecución do xogo ilegal.
  21. O desenvolvemento de accións preventivas dirixidas á sensibilización, información e difusión de boas prácticas do xogo e do xogo responsable, mediante campañas de publicidade, a actuación en medios e redes de comunicación e a colaboración con outras administracións públicas ou organismos de carácter público ou privado.
  • Estrutura (Organigrama)
    • Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DXOX)
      • Subdirección Xeral de Regulación do Xogo
      • Subdirección Xeral de Inspección do Xogo
      • Subdirección Xeral de Xestión e Relacións Institucionais
  • Sede (contactos):
    • Dirección Xeral de Ordenación do Xogo
    • C/ Atocha, 3    MADRID 28012
    • Teléfono: 91.571.40.80
    • Consultas e suxestións