Accesibilidade

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DXOX; en español DGOJ) traballa para garantir que todos os cidadáns -con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores- que se relacionen co departamento a través do seu Portal en Internet (http://www.ordenacionjuego.es) poidan acceder á información e os servizos electrónicos en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.
 
Para estes efectos as páxinas de Portal da DXOX satisfán as prioridades 1 e 2 da Norma UNE 139803:2004 e axústase ao nivel Dobre-A das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C, conforme ao disposto no Real decreto 1494/2007.
 
 A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada en novembro de 2012.
 
En todo caso, calquera consulta en relación coa accesibilidade deste sitio web pode presentala a través do correo electrónico dgoj.incidencias@minhap.es
 
Se desexa formular unha queixa ou suxestión formal deberá optar por presentala a través do procedemento de Queixas e Suxestións Xerais ante o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, conforme ao establecido no artigo 15 do Real decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se regula o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado.